Tres praceiras de Vilagarcía súmanse á aplicación Too Good To Go para vender os seus peixes

VILAGARCIA> A dixitalización chega á praza de Vilagarcía. Tres praceiras da vila súmanse a aplicación Too Good To Go. Esta ferramenta permite ás vendedoras dar saída ao peixe excedente e aos clientes comprar os produtos a un prezo reducido. Iso si, o comprador descoñece o peixe que virá no envase.

Too Good To Go é unha aplicación que funciona en toda Europa buscando o aproveitamento da comida e evitando que se malgaste. A esta iniciativa sumáronse tres praceiras de Vilagarcía. A través desta aplicación, as vendedoras ofertan un paquete co produto excedente e os compradores o mercan a un prezo reducido.

Desta forma, as vendedoras dan saída aos excedentes de peixe e os compradores obteñen un paquete de pescado aforrando dous terzos do seu valor.

As praceiras completan os paquetes con produto fresco e de calidade.

Segundo as praceiras, a aplicación a utiliza xente de todas as idades, aínda que principalmente a maioría é xente moza. O que máis destacan é que atrae á praza a novos clientes.

A aplicación é un éxito para as praceiras de Vilagarcía. As vendedoras ofertan unha media de dous paquetes ao día. A novidade leva ao mercado de Vilagarcía a xente de outras vilas como a Estrada, Pontevedra ou Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí