Comezan as Rutas Xacobeas dende A Pobra para este outono

A POBRA> O concello da Pobra presentou hoxe dúas rutas xacobeas que comezarán a partires de mañá sábado. Unha será en veleiro e a outra teatralizada polas rúas da vila. Están enmarcadas dentro do programa ‘O teu Xacobeo’ da Xunta.

Aínda queda máis dun ano para que chegue o Xacobeo 2021, pero o concello da Pobra xa comeza os seus preparativos. Hoxe o executivo presentou dúas rutas para promover o camiño ata Santiago dende a vila pobrense.

A ruta en veleiro estenderase durante os meses setembro, outubro e a primeira fin de semana de novembro. Terán lugar os sábado e domingos con saída ás 11 da mañá dende o porto deportivo da Pobra. As viaxes teñen un custo de 12 euros para adultos e 8 euros para nenos menores de 12 anos.

O alcalde quixo destacar a forte vinculación da Pobra coa peregrinación ata Santiago, xa que forman parte da Ruta Traslatio.

As dúas rutas son posibles grazas ós fondos do programa da Xunta ‘O teu Xacobeo’. Segundo informou o concello, as viaxes en veleiro para as primeiras semanas xa están esgotadas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí