A Xunta aproba a declaración de interese do saneamento de Cuntis

    conselleorcopy.jpgCUNTIS> Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, durante a visita ó concello.

    {flowplayer}images/salnes/NOVAS_ACTUACIONS_PLAN_UMIA.flv{/flowplayer}

    Na visita ó concello de Cuntis, o Conselleiro de Medio Ambiente fixo un balance dos avances no marco do Plan Umia, ó tempo que anunciou a aprobación da declaración de interese xeral da Comunidade Autónoma da mellora da rede de saneamento deste concello na que a Xunta investirá 1’3 millóns de euros. O obxectivo deste proxecto é resolvelos problemas de calidade das augas existentes no municipio.

    O Consello tamén aprobou a licitación da nova captación e depósito na estación de tratamento de auga potable de Caldas de Reis. Nesta actuación a Xunta investirá preto de setecentos mil euros en dúas anualidades e terá un prazo de execución de seis meses.

    En relación a posibles problemas coa microcystis, Agustín Hernández, confesou que non hai toxina aínda que seguen en situación de vixilancia.

    Estas actuacións enmárcanse dentro do Plan Umia, un proxecto que pretende por fin ás deficiencias detectadas no encoro de Caldas.

    Redacción Salnés