O Grove contará en nove meses cun novo pavillón polideportivo

     O GROVE> O Concello do Grove contará o próximo Nadal, segundo as previsións cun novo pavillón polideportivo en Monte da Vila.

    {flowplayer}images/salnes/inicio_polideportivo_grove.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia presidía o comezo das obras no propio complexo deportivo onde se vai a construír esta infraestructura de case 2.000 metros cadrados de superficie construída.

    Este novo pavillón está orzamentado en algo máis de un millón trescentos mil euros; que serán achegados, case ó cincuenta por cento, pola Xunta de Galicia e polo Concello. O seu prazo de execución é de nove meses a contar a partires do vindeiro luns, cando se agarda que comecen as obras deste edificio sostible. Este novo pavillón contará cunha pista central dotada dun pavimento especial apto para a práctica de todo tipo de deportes; amais de catro vestiarios e bancadas para case medio milleiro de espectadores. Unha gran infraestructura que chega a ser unha realidade, en verbas do Alcalde, grazas á colaboración do entramado deportivo do Grove.

    Pero esta remodelación non será a única no Monte da Vila. Posiblemente este verán, cambiaráselle a herba a este campo de fútbol de herba artificial por outra de última xeración, tal e como anunciou o rexedor grovense.

    Con estas actuacións o Grove contará así cun complexo deportivo que comeza a estar á altura dos méritos deportivos dos seus veciños; e mesmo da intensa actividade deportiva da poboación que destaca pola súa alta participación nos programas da Xunta de Galicia.

    Redacción Salnés