![]()
VILAGARCÍA > Os funcionarios do Xulgado de Vilagarcía volveron concentrarse esta mañá para pedir un incremento de persoal.
Os funcionarios decidiron emprender unha serie de movilizacións ó ver que non había resposta da administracións ás súas reivindicacións. Piden en concreto unha persoa máis para o rexistro, que está totalmente colapsado. Actualmente só hai unha persoa para cubrir unha zona que ten unha carga de traballo case igual á de Pontevedra, xa que a presenza do Hospital do Salnés multiplica por cinco o traballo habitual dun rexistro.
Para que a administración escoite esta petición, dende hai varias semanas tódolos martes se concentran diante do Rexistro Civil de Vilagarcía arredor de medio centenar de funcionarios apoiados por avogados e procuradores. Todos destacan a enorme a carga de traballo que hai en Vilagarcía e a necesidade de ter, polo menos dúas persoas neste servizo.
Redacción Salnés







