Obradoiros e teatro compoñen a oferta cultural de Boiro para o mes de febreiro

BOIRO> Teatro, literatura e obradoiros compoñen a meirande parte da oferta cultural de Boiro para o mes de febreiro. Haberá tamén actividades relacionadas co entroido e coa conmemoración do Día de Rosalía.

Este venres día 11 terá lugar o primeiro dos obradoiros do programa ‘Divírtete’ para mocidade que se centrará en xogos intelectuais.

O día 25 desenvolverase un novo obradoiro na casa da cultura que, dada a coincidencia temporal,  terá relación co entroido e a celebración do día de Rosalía.

A axenda cultural de febreiro concluirá coa presentación do libro ‘Virtudes e Misterios’ de Xesús Fraga. Será o día 25 na casa da cultura a partir das oito e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí