RIANXO> A iniciativa foi posible grazas á inclusión do Concello no proxecto Wifi4 EU da Axencia Executiva de Innovación e Redes da Unión Europea.
Dende hai varias semanas persoal da empresa Tower encárgase de instalar un total de dez puntos de conexión Wifi gratuíta no municipio. A rede despregarase nesta primeira fase en centros culturais das parroquias e en varias prazas públicas do casco urbano da vila.
A instalación destes puntos de conexión gratuíta é posible grazas a que o Concello rianxeiro foi seleccionado como beneficiario do proyecto Wifi4 EU que promove a Unión Europea.