O cruceiro da rúa Rodas, esnaquizado

    cruceiro_cambados2.jpg CAMBADOS> Unha grúa que traballa na rehabilitación dun edificio situado nesta praza bateu no monumento. Os danos poderían dificultar a reconstrución.

     Segundo informa a Policía Local de Cambados, o incidente produciuse mentres unha plaaforma elevadora traballaba na mellora da canalización das augas pluvias dun inmoble situado na Praza das Rodas. Durante unha das maniobras, a grúa bateu co cruceiro desfacendo toda a parte superior.

    Desde o concello aseguran que a empresa responsable dos traballos ‘dispón dos prexectivos permisos, tanto de obra como de ocupación da vía pública’. Ata o lugar trasladouse unha unidade adscrita á Policía Autonómica e os restos do monumento foron recollidos e gardados en instalacións municipais.

    Á falta da valoración por parte de Patrimonio dos danos sufridos polo cruceiro, a Policía Local apunta no seu informe que ‘será difícil a súa reconstrución’.

    Redacción Salnés