VILAGARCÍA> A Xunta acepta que se desdobre a aula saturada do colexio Rosalía de Castro de Carril. Iso si, non contemplaría un incremento de persoal, tal como reclaman as nais e pais. As familias levaron ao Pleno de Vilagarcía a súa reivindincación. Lembran que dentro do grupo, hai seis nenos con necesidades especiais e que se o goberno galego non cumpre, dixeron, seguirán na loita ata conseguilo.
As reivindicacións das familias do colexio Rosalía de Castro de Carril chegaron ao Pleno de Vilagarcía. A través dunha moción do grupo socialistas, expuxeron á corporación a súa petición de que se desdobre a saturada aula de 6º de infantil.
As familias critican á Xunta por non atende-las súas peticións.
As familias fixéronse co apoio de tódolos grupos. O voceiro do BNG, como profesional de educación, mantivo unha reunión co xefe territorial de educación. Desvelou que o goberno galego si está disposto a facer ese desdobre, pero non a incremanta-lo persoal.
Unha solución que, para as familias, supón seguir na loita esixindo que o centro conte tamén co persoal especializado que precisa.
O PP, sen meterse na cuerstión do persoal, confirmaba tamén que o desdobre estaba autorizado pola Xunta.
Pola súa banda o grupo socialista, quen levou a pleno esta cuestión aproveitou para poñer en valor a capacidade de mobilización dos pais e nais. Algo co que tamén coincide Esquerda Unida.
A moción acabou saíndo adiante por unanimidade.











