A Xunta resolverá o ERE de Armarios Alonso

    armarios_alonso_asemblea100.jpgSANXENXO> O ERE, expediente de regulación de emprego, presentado pola empresa Armarios Alonso, será resolto pola Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/armarios_alonso_asemblea.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Esta mañá tivo lugar unha asemblea de traballadores da fábrica Armarios Alonso. A reunión foi realizada no Centro Cultural de Nantes, en Sanxenxo, pola CIG para informar dos últimos acontecementos acerca da empresa. Os temas que se trataron versaron sobre o ERE, expediente de regulación de emprego presentado pola empresa, que xa se encontra en fase de estudo e resolución por parte da Xunta.

    O proposto no mesmo non chegou a consenso entre ambas partes, xa que o colectivo de traballadores considera que o indicado no ERE non lles beneficia. Segundo o portavoz da CIG, Xaquín Agulla, o expediente de regulación de emprego conta con todo o necesario para ser desestimado, xa que o informe presentado pola Inspección de Traballo é bastante obxectivo feito que, segundo Agulla, beneficiará ós traballadores. A maiores tamén afirmou que o proceso de presentación e negociación do ERE resultou ser todo un despropósito.

    A solución que se presenta para esta problemática é a vía xudicial. Ata o de agora xa hai dúas demandas interpostas por parte do colectivo de traballadores, unha facendo referencia á rescisión de contrato e outra polos despedimentos producidos. Tamén esta mañá se lles expuxo ós traballadores o informe que presentará a CIG. O vindeiro xoves terá lugar unha reunión co delegado territorial na Xunta de Galicia para falar sobre o tema.

    Redacción Salnés