O CEIP Serra de Outes estreará o curso con ximnasio renovado

ceipserraoutes copia.jpg OUTES> O conselleiro de Educación comprobou o resultado das obras e salientou o esforzo do colexio na aplicación do decreto do plurilingüismo.

{flowplayer}images/salnes/adianto_CONSELLEIRO_OUTES.flv{/flowplayer} ç

A reforma levada a cabo no ximnasio do CEIP Serra de Outes consistiu na remodelación dos vestiarios, a saída de emerxencia e a mellora dos aseos, uns traballos que. segundo a consellería de Educación, supuxeron un investimento de preto de 60.000 euros, e das que se beneficiarán os 200 alumnos do centro.

Na súa visita ó centro o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, estivo acompañado polo director do CEIP, David Vallín, a xefa territorial de Educación da provincia da Coruña. Teresa Vilaverde, e o alcalde Carlos Enríquez López. Vázquez aproveitou a ocasión para salientar o esforzo que está a realizar a comunidade educativa do Serra de Outes para adaptarse ó decreto do plurilingüismo, e garantiu que este curso que entra, volverán contar cunha auxiliar de conversa.

Tamén continuarán coas axudas para mellorar o funcionamento da biblioteca, xa que o centro pertence desde o 2006 ó Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Redacción Salnés