O concello do Grove non multará ós mendigos

    fredibea copia100.jpgGROVE> As multas só irán dirixidas ós que practiquen a mendicidade acompañados por menores ou por persoas con algunha eiva e a erradicar as mafias.

    {flowplayer}images/salnes/FREDI_BEA_MENDIGOS.flv{/flowplayer}

    Segundo Bea, a norma unicamente recollería a sanción de entre 300 e 1500 euros a aquelas persoas que mendiguen acompañados por menores de idade ou persoas con algunha minusvalía física ou psíquica. Sen embargo, a ordenanza xa ten provocado unha importante polémica dentro e fóra de Galicia.

    O concelleiro tamén insistiu en que a norma, que fora aprobada durante o goberno anterior por maioría do pleno, vai dirixida a loitar contra as actividades de finxida mendicidade.

    Nos demais casos, Alfredo Bea insistiu en que o obxectivo será axudar ás persoas con problemas.

    O concelleiro manifestou o seu enfado pola polémica provocada por esta medida que non é única do Grove, e que tamén se pode atopar noutros concellos galegos e do resto de España.

    Redacción Salnés