Carmela Silva visita o solar no que se emprazará a nova gardería de Vilaxoán

    VILAGARCIA> Carmela Silva aproveitou a súa visita a Vilagarcía para coñecer en primeira persoa o terreo no que esta semana está previsto que se comece a obrar a nova gardería municipal de Vilaxoán. Carmela Silva tamén visitou o terreo onde se emprazará a futura escola infantil de Vilaxoán, cuxa construción comeza está semana, e que recibiu unha achega da Deputación de Pontevedra superior aos 700.000 euros a través do Plan Concellos. Na súa comparecencia recoñeceu a satisfacción pola xestión do executivo de Alberto Varela, por utilizar os recursos para a educación e a atención aos menores. A presidenta provincial sinalou que o concello vilagarcián é dos primeiros en solicitar proxectos no Plan Concellos e recordou que Vilagarcía percibirá este ano 1.400.000 euros ao ter xa solicitada a liña 3 de investimento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/carmela_garderia_vilaxoan _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/18/carmela_garderia_vilaxoan.mp4{/flowplayer}