Ravella podería xestionar Fexdega pero non manter ós traballadores

    reunion_portavoces_fexdega100.jpg VILAGARCÍA> Así o recolle o informe realizado pola Secretaría e Intervención Municipal. O documento foi entregado esta mañá ós voceiros da oposición.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_grupos_politicos_fexdega17ag.flv{/flowplayer}

    O Concello de Vilagarcía pode asumir os 216.000 euros que suporía facerse coa xestión directa de Fexdega, un recinto no que o novo goberno local quere compaxinar deportes e feiras para ter actividade todo o ano. Así se recolle nun informe elaborado pola Secretaría e Intervención Municipal. O alcalde asegura ademais que ó asumir a xestión, o gasto sería incluso menor para o Concello.

    No documento, recollido en folio e medio, tamén se fai referencia ós catro traballadores ligados actualmente á fundación Fexdega. Desde a oposición reclaman que se manteñan pero o alcalde asegura que é inviable, en función dos datos económicos e xurídicos achegados hoxe. Esta mañá os voceiros da oposición recibían o documento durante a celebración da xunta de portavoces. Nela informóuselles de que tampouco haberá pleno extraordinario antes da reunión do Padroado da Fundación Fexdega. O alcalde Tomás Fole explicou que, ademais de non haber tempo material, non ten sentido que a corporación se pronuncie antes de coñecer a decisión do Padroado sobre o futuro de Fexdega.

    A xuntanza do Padroado terá lugar o venres ás nove da mañá.

    Redacción Salnés