1000 euros en vales de compra no sorteo do Día da Familia

    dia_familiacopy.jpgCAMBADOS> Estes serán os premios que concederá a asociación de comerciantes Zona Centro para incentivalas ventas e dinamizalo comercio.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_FAMILIA_ZONA_CENTRO.flv{/flowplayer}

    Un vale de compra de douscentos euros, catro de cen e oito de cincuenta euros. Estes serán os premios ós que poderán optar todos os que participen no sorteo que fará Zona Centro de Cambados con motivo da celebración do día da familia, o 15 de maio. O obxectivo desta campaña é incentivalas ventas e dinamizalo comercio.

    O método para participar será a través das papeletas que os clientes atoparán nos diferentes establecementos do concello. O sorteo celebrarase ó día 20 de maio e o día límite para entregalas será o 19. Os agraciados só poderán empregalos vales ata o mes de xuño.

    Ademais, o propio día 15 de maio, na praza do Concello organizarán talleres e haberá inchables para os máis cativos.

    Redacción Salnés