PONTEVEDRA> A familia asegura que vivíu este tempo como un inferno. O vindeiro xoves lembrarán a desaparición da moza cunha manifestación na Ferrería.
{flowplayer}images/salnes/aniversario_sonia_iglesiaspegadacarteis.flv{/flowplayer}
Unha busca que continúa e que mantén en vilo a familiares e achegados. Hoxe volveron saír á rúa e renovar os carteis que recordan a Sonia nos escaparates de Pontevedra. Sen poder reprimir as bágoas, os pais da desaparecida acompañaban a Carmen e a Manuel, irmá e cuñado de Sonia no percorrido pola rúa Benito Corbal, iniciado na tenda de Massimo Dutti onde traballaba. Para eles estes 365 días foron un inferno.
Especialmente duro tamén está a ser para o fillo de Sonia, de tan só 9 anos. Doce meses despois, a familia de Sonia xa non espera atopala con vida e agradece que se manteña o caso aberto. Continúan buscando o apoio cidadá para resolver o caso. Por iso o vindeiro xoves 25 farán unha nova marcha pola cidade. Partirá da praza da Ferrería ás nove e media da noite.
Na pegada de carteis desta mañá non estivo Julio Araújo, parella e pai do neno de Sonia. A familia asegura que mantén unha relación cordial con el polo ben do cativo.
Redacción Salnés