Falece o ex alcalde ribeirense, Ricardo Pérez Queiruga

    RIBEIRA> Esta madrugada falecía o ex alcalde ribeirense Ricardo Pérez Queiruga ós oitenta e sete anos de idade. O que fora rexedor local, entre 1975 e 1978 e posteriormente entre o oitenta e sete e o noventa e un, contaba cunha ampla traxectoria política e desempeñou un papel clave durante a transición. Posteriormente exerceu como deputado e senador e mesmo chegou a ocupar a Dirección Xeral de Pesca. Políticos de toda a comarca pasaron ó longo da xornada polo tanatorio das Dores para darlle o último adeus. O concello quixo renderlle tamén unha homenaxe póstuma coas bandeiras ondeando a media asta.