A CIG recorrerá os despedimentos dos empregados de Fexdega

    fexdega 100.jpgVILAGARCÍA> O sindicato CIG vai a presentar unha demanda contra a decisión dos compoñentes do Padroado da Fundación Fexdega por…

    {flowplayer}images/salnes/cig_fexdega.flv{/flowplayer}

    … ter despedido ós seus catro traballadores e traballadoras, unha delas embarazada mesmo intres antes da súa voda. Segundo argumenta Rosa Abuín, estes despedimentos son nulos e supoñen ás claras unha covardía do alcalde Tomás Fole, quen xunto co apoio da Cámara de Comercio vilagarciá e Caixanova, consentiron este feito a escasos días da entrada en vigor dun decreto da Xunta de Galicia, que convertería a estes empregados en persoal laboral do ente autonómico.

    Rosa Abuín. Aínda máis, esta forza sindical asegura co informe de intervención que se vai a levar a pleno é negativo e que mesmo implicaría descoidar outras instalacións para atender esta plenamente se pasa a mans do Concello. Un estudio que cren que é cando menos enganoso e que está feito á medida das pretensións de Fole. Engaden ademais, que namentres o Concello tiña que afrontar un gasto anual de 21.000 euros para a promoción das feiras en Fexdega; agora deberá desembolsar ata 218.000 para despedir ás presas a esta plantilla. Este descoido pola súa rendibilidade ponse amais de manifesto no desinterese dos populares de cumprir cos compromisos rendibles cos que ía a contar Fexdega en próximas datas.

    Os traballadores sospeitan tamén que o alcalde popular mesmo podería ter de man un candidato para o posto de xestor que se contempla no borrador do novo plan de xestión do recinto feiral.

    Redacción Salnés