Cinco feridos ó colisionar un coche contra un muro a 140 km/h

    accidente_copia100.jpgVILANOVA> É o resultado dun espectacular sinistro de tráfico nas inmediacións do Pazo da Rúa Nova, en András. Os bombeiros tiveron que excarcerar a un xoven entre os ferros tralo choque.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_ANDRAS.flv{/flowplayer}

    O accidente rexistrouse sobre ás nove da noite, cando un Audi A3, no que viaxaban catro xoves de entre 20 e 27 anos de Vilagarcía, se estrelou contra un muro. Tanto o condutor como o acompañante dianteiro puideron saír con feridas leves de entre os ferros no que quedou convertido o vehículo. Non ocorreu igual cos dous xoves que viaxaban no asento traseiro, un dos cales tivo que ser excarcerado polos bombeiros, e que se atopa nunha situación grave.

    Todo apunta a que ambos viaxaban sen cinto. Os dous rapaces foron trasladados polas ambulancias do 061 e de Protección Civil de Vilagarcía ó Hospital do Salnés, antes de ser derivados a un centro sanitario de Pontevedra.

    De todos xeitos, o accidente puido ter un desenlace aínda máis tráxico. No momento do impacto, un peón que se atopaba paseando pola zona, puido evitar por milímetros a embestida do vehículo.

    O punto onde ocorreu o sinistro non é un lugar conflitivo para o tráfico, pero as testemuñas afirman que o vehículo viaxaba a unha velocidade excesiva, o que lle impediu tomar a curva e acabou empotrado contra o muro. De feito, a agulla do contaquilómetros quedou cravada nos 140 kilómetros por hora no momento do impacto.

    Redacción Salnés