Un cruceiro conmemorativo polos 70 anos da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa

    CALDAS> Este xoves celébranse o 70 aniversario de Arcos da Condesa como Entidade Local Menor. Un festexo que se conmemorou coa instalación de un cruceiro, que foi solicitado polo concello de Caldas de Reis a Deputación de Pontevedra.

     

    Uns 1.800 quilogramos de peso, sumados aos 5 metros de altura, fan de este cruceiro e desta praza, o mellor recibidor posible para  tódolos  forasteiros que se acerquen, ata a Entidade Local Menor de Arcos da Condesa. 

    Na actualidade só existen en Galicia nove Entidades Locais Menores.

    A Deputación de Pontevedra, a través da Escola de Canteiría, instalou este cruceiro conmemorativo dos 70 anos da entidade. Así mesmo habilitouse unha pequena praza que divide dous camiños, e que ten forma de campá dado a tradición de fabricación de campás que existe na zona. Ademais plantáronse sete cipreses, cos que de maneira simbólica, representar cada unha das décadas. 

    A través de esta obra, a Deputación de Pontevedra quere manter o recordo no tempo dos 70 anos da declaración de Arcos da Condesa como Entidade Local Menor, no ano 1946. A inauguración de esta praza asistiron a Presidenta da Deputación, que non desaproveitou a oportunidade de saudar os veciños que alí se atopaban, o representante da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa e o alcalde de Caldas entre outros, quen adiantou que haberá novos proxectos de traballo entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Caldas de Reis

    Día festivo que de seguro moitos recordarán o chegar ao cruceiro de Arcos da Condesa

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/entidade_local_arcos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/entidade_local_arcos.mp4{/flowplayer}