Os Reis Magos percorren Meis en descapotables de época

MEIS> Os Reis Magos percorreron tamén tódolos concellos das comarcas das Rías Baixas. Un dos concellos máis madrugadores foi o de Meis, onde recibiron por todo o alto ás Súas Maxestades xa pola mañá. Logo de pasar polo concello percorreron o centro do Mosteiro en coches descapotables ata o Mercado de Abastos. Alí, a rapazada tivo ocasión de falar con eles e pedirlles en persoa os agasallos que queren.

Recepción ao máis alto nivel no Concello de Meis para as súas Maxestades de Oriente. Os tres Magos comezaron o seu percorrido neste concello na casa consistorial. De alí partiron en tres coches descapotables de comezos dos 70, atravesando o centro do Mosteiro. O seu destino: o Mercado Municipal, onde agardaban por eles ducias de nenos. A rapazada tivo ocasión de coñecer en persoa aos Reis, sacar fotos e falar con eles. Aproveitaron para trasladarlles a súas peticións.

E xa que estamos, aproveitamos para preguntarlle aos nenos polo seu rei favorito.

Os Reis amosáronse encantados coa boa acollida e de poder compartir esta xornada coa rapazada. Seica os nenos e nenas das Rías Baixas portáronse moi ben este ano.

Con todo, recoñecen as Súas Maxestades, aínda teñen por diante unha noite moi longa.

Pero para facer máis levadeira esta noite de traballo, tanto os Reis como os seus camelos poderán repoñer forzas en cada casa. A rapazada xa ten preparado o menú.

A xornada en Meis rematou con moita música e moito baile.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí