Os veciños de Caldas defenden a capa e espada ó Dr. Lueiro

    CALDAS > Máis de 50 persoas, entre veciños e persoal laboral, concentráronse diante do centro de saúde de Caldas de Reis …

    …para apoiar e defender a inocencia do Dr. Lueiro, médico de familia nese ambulatorio. Como saben este doutor foi imputado por abusos sexuais a unha paciente que asegurou que o facultativo lle fixera tocamentos inecesarios para unha simple consulta. Os veciños de Caldas defenden a inocencia do médico a capa e espada.

    concentracioncaldas300_011007_-_still_001.jpgMediante o silencio, é así como os veciños, compañeiros e pacentes do Dr. Lueiro quixeron expresar a súa solidariedade co médico imputado polo presunto abuso sexual qué exerceu sobre unha pacente que o denunciou varios días despois do incidente supostamente acontecido nunha consulta médica rutinaria.

    Os veciños e compañeiros móstraronse indignados polo alcance o que chegou a denuncia, nembargantes os sinais de apoio continuan con máis forza. Os veciños e pacentes do médico de familia de Caldas sementan a duda segundo eles razonable sobre a rapaza que denunciou ó doutor pola suposta "mala reputación que ten".

    Baráxanse varias versións sobre os feitos acontecidos. Só o xuízo que se celebrará o día día 23 de Outubros determinará quen é o culpable e quen o incente. Mentres ata que chegue o xuízo os veciños segirán secundando o seu lema “ profesionalidade non é igual a culpabilidade. Dr Lueiro, estamos contigo”

    Redacción Salnés