A Universidade de Santiago organizará en Vilagarcía tres seminarios formativos para maiores de 50 anos

VILAGARCIA> A universidade de Santiago levará ao concello de Vilagarcía tres ciclos formativos para maiores de 50 anos. A USC quere dar a oportunidade de formarse a  aquelas persoas que non puideron estudar na súa mocidade. A inscrición nestes cursos está aberta para toda a veciñanza dos concellos da contorna.

Vilagarcía e a Universidade de Santiago camiñarán da man para aumentar a formación das persoas maiores de 50 anos. Concello e USC chegaron a un acordo para organizar tres ciclos formativos na vila durante o mes de abril. O obxectivo é democratizar o coñecemento e favorecer o envellecemento activo.

A universidade busca con estes cursos achegar as súas formacións a aquelas vilas fóra dos seus campus. Os ciclos non están destinados só aso veciños de Vilagarcía, se non tamén aos interesados dos concellos próximos. A formación terá lugar na sala de conferencias do Auditorio durante o mes de abril.

Dende a vila destacaron que estes ciclos están relacionados con diferentes temas de interese na vila.

A colaboración entre ambas entidades será a modo de probas. En caso de que os ciclos sexan un éxito e se incremente a demanda, a universidade podería establecer unha delegación na vila e aumentar a súa oferta formativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí