Alberto García pide a expulsión dos dous edís socialistas e culpa da súa decisión ao PSOE comarcal

CATOIRA> A resposta por parte dos dous líderes asinantes da moción de censura non se fixo agardar. Ambos voceiros denuncia que a dimisión e a retirada das sinaturas non se fixo no tempo adecuado. Alberto García tamén denuncio presións por parte do partido socialista comarcal en Vilagarcía. Pola súa parte, Iván Caamaño cualificou de ditadura que o seu partido non puidese contar cun dos seus tres concelleiros.

Os líderes dos partidos asinantes da moción de censura de Catoira coñeceron o acordo que invalidaría o pleno minutos antes de comezar a sesión. Ambos voceiros dubidan da legalidade do acontecido dado o momento no que se retiraron as sinaturas dos edís socialistas. Uns concelleiros, aos que o líder do seu partido na vila, pide a súa expulsión.

O socialista vai máis alá e sospeitan que detrás da decisión que tomaron está o partido comarcal.

Pola súa parte, o líder dos populares denuncia que non puideron contar cun dos seus concelleiros por culpa do BNG.

A dimisión do alcalde provoca que en menos de dúas semanas terá que celebrarse un novo pleno de investidura. Ambos líderes aseguran que manterán o acordo para esa convocatoria. Iván Caamaño declara que o seu partido seguirá traballando como ata agora. Pola súa parte, Alberto García asegura que se volverá a presentar sexa ou non co partido socialista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí