![]()
RIBEIRA> Unha vivenda situada nas inmediacións da praia de Riazor, en Palmeira, ardeu por completo esta tarde.
{flowplayer}barbanza/incendioriazor.flv{/flowplayer}
A pesar da rápida intervención dos bombeiros, a casa quedou reducida a cinzas posto que a maior parte da súa estrutura era de madeira.
Foi precisa a intervención dunha dotación de bombeiros de Ribeira e outra de Boiro que investiron ó redor dunha hora en apagar as lapas.
Posibles causas
Polo momento descoñécense as causas que orixinaron o lume, aínda que varias testemuñas aseguraron ver a un grupo de mozos accedendo ó interior da vivenda intres antes de que se producise o incendio.
A intensidade que alcanzou o lume, provocando unha gran fumareda, alertou a moitos veciños que se desprazaron ata as inmediacións da vivenda para comprobar que non se tiñan producido danos maiores.
Redacción Barbanza








