PONTEVEDRA> A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en 2023 serán en Pontevedra. A Federación Internacional deste deporte confirma o idilio coa cidade, onde se coñecerán os nomes dos campións do Mundo Elite, Sub-23, Paratriatlón e Grupos de Idade. Segundo os cálculos do concello, máis de 5.000 atletas de todo o mundo pasarán por Pontevedra.
A Federación Internacional de Tríatlon volve escoller Pontevedra como escenario para unha das súas competicións. No 2023, a cidade será a sede da Gran Final das Series Mundiais.
En Pontevedra coñeceranse os nomes dos campións do Mundo Elite, Sub-23, Paratriatlón e Grupos de Idade. Confirmando o idilio pontevedrés con este deporte.
A principal rival da candidatura Pontevedra era a de Bermuda. A pontevedresa chegaba apadriñada por Javier Gómez Noya e avalada pola experiencia da cidade en anteriores citas. Recordemos que nos últimos anos foi sede dun Europeo, un Mundial de Duatlon e os Mundiais Multideporte.
A Gran Final das Series Mundiais será en setembro de 2023, nunha data que terá que concretar o goberno local. Tamén suporá un importante investimento, de máis de 2 millóns de euros. Pero, segundo o alcalde, pagará a pena.
Deste xeito, Pontevedra colle o testemuño de ciudades como Londres, Budapest, Pekin, Lausana ou Edmonton como sede desta Gran Final das Series Mundiais.