A Pobra edita unha segunda edición do libro-receitario ‘Da praia ó prato’

POBRA> A concellería de Turismo vén de editar unha nova edición do libro-receitario ‘Da praia ó prato’.

A boa acollida da primeira edición fixo que o Concello decidira volver a reeditalo, poñendo en valor os produtos do mar que se cultivan na ría de Arousa, principalmente nas praias do municipio, ó tempo que se potencia a gastronomía propia da zona.

En total son quince receitas elaboradas por once establecementos de restauración da localidade.

Un dos locais participantes nesta experiencia  é o restaurante Xanxo. A xerencia do local mostrouse moi ilusionada por ter participado nela, xa que contribúe a poñer en valor os produtos locais do mar.

No seu caso a receita escollida foron uns mexillóns en escabeche.

O receitario estará dispoñible na oficina de turismo e tamén en tódolos establecementos colaboradores, así como nos locais que o soliciten e será distribuído en feiras gastronómicas e nos obradoiros de marisqueo a pé destinados a escolares e turistas que se desenvolven ó longo do ano.

Ademais do Xanxo, participan neste receitario A Batea do Castelo, A Casa de Manuel, Casa Manolo, El Olivo Blanco, Hotel Cabío, Mesón O Facho, Nojira, O Malecón, Sisal e Tertulia no Laño.