Noia estreará un documental sobre a tradición dos ‘xigantes e cabezudos’

NOIA> Noia estreará un documental sobre unha vella tradición dos xigantes e cabezudos na vila. O vídeo, realizado por Luís Avilés, verá a luz o vindeiro sábado, día 17, ás seis da tarde, nos locais do Liceo de Noia.

Un grupo de veciños de Noia, en colaboración con outros colectivos locais, recuperaron no ano 2015 unha antiga tradición na vila, como é o desfile dos xigantes e cabezudos. A iniciativa chamou a atención do realizador local, Luís Avilés, que decidiu facer un documental no que se recollía precisamente todo o proceso de confección desta vella tradición.

dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de iniciativas que permitirán deixar constancia dunha vella tradición na localidade

A estrea do documental terá lugar este próximo sábado, día 17, ás seis da tarde, nos locais do Liceo de Noia. Para asistir, cómpre reservar localidade, debido á actual situación covid, a través do correo electrónico culturaconcellodenoia@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí