Lousame acolle a presentación da ultima novela de Xerardo Agrafoxo

LOUSAME> Máis de oitenta veciños e veciñas de Lousame ateigaron o centro social ‘Pepa de Vicente’ de Aldeagrande para asistir ó acto de presentación da novela ‘A maleta de Victoria Kent’, de Xerardo AgraFoxo. Na presentación, o escritor noiés estivo acompañado pola alcaldesa e, Teresa Villaverde, quen destacou o valor simbólico de que esta presentación teña lugar no centro social que leva o nome de Pepa de Vicente, xa que era a filla de Xosé Romero Tubío ‘O Pombeiro’, en cuxos últimos días de vida está inspirada esta novela.