Os comerciantes recadan 160.000 euros na Feira de Oportunidades

    valoracion_feira_oportunidadescopy.jpgCAMBADOS> Estes datos son froito dunha enquisa realizada pola Asociación de Comerciantes Zona Centro entre os asociados participantes.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_ZONA_CENTRO_2011.flv{/flowplayer}

    Éxito rotundo na quinta Feira de Oportunidades organizada por Zona Centro en colaboración co concello de Cambados. Así o confesou esta mañá o presidente dos comerciantes, Marcos González, quen ademais informou que a facturación nesta edición da Feira superou os cento sesenta mil euros.

    Estes datos son froito dunha enquisa que desde a Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados quixeron facer entre os asociados que participaron na Feira co obxectivo de coñecelo seu grao de satisfacción cos resultados obtidos. Cunha facturación conxunta de cento sesenta mil euros, as expectativas, segundo o presidente do colectivo foron superadas.

    Segundo Marcos González, o éxito desta Feira veu dado polos baixos prezos rexistrados, a publicidade feita e o lugar no que se celebrou, o Paseo da Calzada.

    Pola súa banda, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, animou ós colectivos e asociacións do concello a sumarse a esta iniciativa.

    En canto ó número de visitantes, Zona Centro calculou que ó redor de dezaseis mil persoas asistiron a esta edición da Feira. Destes, catro mil mercaron algún produto.

    Redacción Salnés