![]()
RIANXO> O incendio destruíu por completo a cabina do vehículo. O condutor resultou ileso.
{flowplayer}barbanza/incendiocamion.flv{/flowplayer}
Este é o estado que presentaba o camión despois da intervención dos equipos de emerxencia. O lume, orixinado por un fallo do sistema eléctrico, afectou á cabeza tratora, deixándoa totalmente destruída. Segundo confirmaron os propios bombeiros do parque comarcal de Boiro, que se desprazaron ata o lugar alertados polo 112, o incendio iniciouse ó redor das catro e vinte desta tarde.
Importantes retencións
O condutor do camión, da empresa Áridos Rafael, que transportaba lastre para as obras do AVE, resultou ileso, xa que abandonou o vehículo antes de que se iniciara o lume. A pesar de que o camión estaba estacionado no arcén, a consecuencia dos traballos de extinción do lume, un dos viais da autovía foi pechado nese tramo momentaneamente, provocando importantes retencións. A circulación quedou totalmente restablecida ó redor das sete da tarde.
Redacción Barbanza









