Boiro Novo propón conmemorar o 85 aniversario da II República

    BOIRO> Boiro Novo solicita ó concello a celebración dunha serie de iniciativas para conmemorar o aniversario da Segunda República. Ademais da retirada da simboloxía franquista, propoñen dedicar unha rúa a Antonio Seoane, líder do movemento republicano. Coincidindo coa celebración do oitenta e cinco aniversario da proclamación da segunda república, Boiro Novo reclama a conmemoración desta efeméride homenaxeando ´ A iniciativa, rexistrada xa no concello, componse de tres propostas. Entre elas, a dedicatoria dunha rúa ó boirense Antonio Seoane, líder do movemento republicano, e a retirada dos símbolos franquistas que aínda permanecen no municipio, por exemplo nas fontes de Goiáns, Mosquete e Cariño. Por último, propoñen como xetso simbólico que ondee a bandeira republicana ó longo de toda a semana dende a casa consistorial.