Velo móstrase máis favorable a un cambio de goberno

BOIRO> As negociacións entre Partido Socialista e o resto de forzas que avogan por sacar ó PP da alcaldía, como son Boiro Novo, BNG e IC Boiro, está máis preto. O candidato desta última formación, o veterano Manuel Velo, mostrouse máis favorable a esta opción, pero tampouco descarta outras.

O papel de IC Boiro, cun concelleiro, antóllase vital para calquera das dúas opcións que se disputan a alcaldía boirense: PP e Partido Socialista. Sabedor desa importancia, o veterano político Manuel Velo mantense forte á espera de que se teñan en conta as súas solicitudes. Aínda así, e a pesar de manter conversas coas dúas bandas, ve máis probable un goberno progresista.

Segundo el, o seu apoio non se aferra a súa entrada no futuro goberno, senón que podería darse en base a un acordo de mínimos, deixando que o Partido Socialista goberne en minoría.

Para Manuel Velo a transparencia e a participación veciñal, o desenvolvemento urbanístico, a construción dunha residencia e un parque infantil cuberto, ou a reapertura da radio municipal, serían para el prioridades á hora de dar o seu apoio ó novo goberno.