Mozos de Boiro deseñan o seu futuro laboral a través dun programa pioneiro

    BOIRO> A directora xeral de Xuventude e Voluntariado participou en Boiro na clausura do programa ‘Deseñando o teu futuro’. Nesta iniciativa de formación laboral participaron catorce mozos do instituto de Espiñeira. Os estudantes puideron adquirir novas habilidades e competencias a través de estadías en once empresas do municipio. Catorce mozos de entre quince e dezaoito anos que cursan estudos de formación profesional no instituto boirense de Espiñeira tiveron ocasión de participar neste innovador proxecto. ‘Deseñando o teu futuro’ promove a capacitación profesional e a adquisición de habilidades a través de estancias en distintas empresas. Deste xeito poden ademais ampliar o seu currículo e adaptar o seu perfil profesional de acordo coas súas preferencias. O proxecto, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración coa fundación Paideia, é pioneiro en toda España. Nesta primeira edición participaron máis de catrocentos mozos de toda Galicia que puideron aproximarse ó mercado laboral facéndose unha idea máis clara do seu futuro profesional. Once empresas boirenses, dos máis variados sectores, dende a xardinería ata a moda participaron na iniciativa. Os seus titulares recibiron un diploma como recoñecemento á súa colaboración neste programa de educación non formal.