Flor de Toxo promove a música solidaria

    festivalentreostoxos100.jpgRIBEIRA> A Asociación Flor de Toxo celebrará este sábado a segunda edición do seu festival solidario ‘Bailando entre os toxos’.

    {flowplayer}barbanza/festivalentreostoxos.flv{/flowplayer}

    Ademais de propoñer unha alternativa lúdica para a noite do sábado, a asociación Flor de Toxo busca a través do festival Bailando entre os toxos contribuír a unha causa solidaria. Así, tódolos cartos que se recaden a través das entradas, que custan tres euros, serán doados a Cruz Vermella. Agardan superar os fondos da pasada edición, ó redor de oitocentos euros, que foron destinados a Cáritas.

    Sardiñada de balde

    Os concertos darán comezo ás dez da noite no parque periurbano de San Roque. Haberá sardiñada de balde para tódolos asistentes e acampada libre para os que opten por quedar a pasa-la noite.

    Dende a asociación agradeceron a colaboración de varios comercios e locais hostaleiros da comarca que fan posible a celebración deste festival e do concello, que se ben non contribúe cunha achega económica, amosou a súa disposición para prestar todo o apoio dende o ámbito municipal.

    Redacción Barbanza