Os traballadores de Fexdega recibiron a notificación oficial de despido

    fexdega copia100.jpgVILAGARCÍA> A notificación produciuse mentres se celebraba un tenso pleno extraordinario sobre o futuro de Fexdega.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_EXTRAORDINARIO_FEXDEGA.flv{/flowplayer}

    O presidente da Cámara de Comercio Arousá tamén lles anunciara a súa intención de recoller en Fexdega as chaves da Fundación para o desaloxo dos traballadores. Pero finalmente Carlos Oubiña pediu ós empregados que deixaran as chaves na asesoría. Algo que, segundo a representante da CIG, Rosa Abuín, non van facer.

    Previamente, a corporación municipal afrontou o pleno máis tenso do novo goberno. Na sesión, a oposición presentou unha fronte común que contou coa socialista Tania García como voceira no rexeitamento da postura do Partido Popular: converter ó concello no xestor de Fexdega, manter o actual padroado e non asumir os catro traballadores da fundación.

    A oposición tamén presentou no pleno unha proposta de resolución plenaria baixo o título “Por unha Fexdega con futuro”. A proposta foi calificada como demagoga polo alcalde.

    Ó non figurar na orde do día, o documento non foi sometido a votación, decisión que provocou o enfado da oposición. Ademais, tanto o Partido Socialista como o BNG anunciaron que tomarán medidas para esixir que se leve a cabo o procedemento.

    No pleno tamén estiveron presentes os catro traballadores de Fexdega, que abandonaron a sala en dúas ocasións insatisfeitos pola postura do goberno local.

    Redacción Salnés