O xefe da Policía Local noiesa presentará recurso ós presupostos municipais

NOIA> Entre outras cuestións Manuel González denuncia que a pesar de ser o cargo máis alto dentro do corpo hai axentes que perciben máis salario ca el. Manuel González síntese discriminado. Segundo el a pesar de ser o cargo máis alto da Policía Local hai axentes que recibirán este ano maiores retribucións ca el. Algo que non entende. Por esta razón decidiu presentar varias alegacións ós orzamentos municipais aprobados o pasado mes de febrero coa finalidade de que se cumpra coa legalidade. Non descarta que o caso acabe nun contencioso administrativo. Manuel González insiste ademais no incumprimento por parte do Concello doutras normativas que deberan rexir ó corpo da Policía Local. Así fixo alusión a un escrito da Asociación de Xefes de Corpos e Mandos de policía Local de Galicia, AXEMPOL, no que insta á Xunta a rematar inmediatamente coa situación dos auxiliares deste colectivo en Noia que non cumpren coa legalidade e deberían ser cesados.