Gastronomía e deporte irán da man o domingo en Vilaxoán

VILAGARCÍA> Esta mañá foi presentada a Bandeira Concello de Vilagarcía que será a derradeira proba puntuable para a Liga Galega tanto masculina como femenina. O evento terá lugar o domingo no porto de Vilaxoán.

{flowplayer}images/salnes/trainas_250811.flv{/flowplayer} 

Esta fin de semana a Liga Galega de Traíñas pon o peche. E vaino facer por segundo ano consecutivo en Vilaxoán, coa disputa da XVII Bandeira Concello de Vilagarcía. Unha honra que, segundo o edil de deportes Luís Garrigós, fala ás claras da excelencia na organización deste tipo de eventos do Club de Remo Vilaxoán. 

A regata do domingo encumbrará como campión con case total seguridade a Amegrove, que buscará facer pleno de victorias. Nesta ocasión a regata celebrarase en catro carreiros, con dúas mangas lanzadas de tres traíñas cada unha e dúas quendas máis con catro embarcacións en cada unha delas. O equipo anfitrión buscará desbancar a Meira do cuarto posto da clasificación xeral, pese a que dende o club non queren presionar ós remeiros á hora de acadar este resultado.

Paralelamente ás regatas femenina e masculina, que comezarán ás 11:30 da mañá do domingo, celebrarase a Primeira festa Gastronómico do Mexillón de Vilaxoán, na que se repartirán mais de 1.500 quilos deste molusco. A organización desta xornada corre a cargo da Asociación de Mexilloeiros de Vilaxoán, que tamén estiveron presentes no acto celebrado esta mañá.

Redacción Salnés