RIBEIRA> As melloras nas instalacións portuarias e o incremento da seguridade constitúen un dos obxectivos primordiais do patrón maior de Ribeira de cara ós próximos anos. José Antonio Pérez revalidou o cargo con maioría absoluta conseguindo pleno de representación na xunta xeral. Os resultados das pasadas elecións supoñen un incentivo para seguir traballando polo interés común da confraría de Ribeira. A candidatura encabezada por José Antonio Pérez conseguiu pleno de representante na xunta xeral, o que avala a boa xestión realizada ó longo destes catro anos. O marisqueo tamén ocupa unha parte fundamental do programa da nova directiva, co obxectivo de recuperar zonas improdutivas afectadas polas correntes. Tamén son moitas as demandas que trasladarán a Portos de Galicia. Ademais da necesaria reclamación dos atraques, demandan a dotación de auga e luz nos pantaláns e a mellora da seguridade para poñer fin ós roubos. Seguirán a demandar tamén a construción dun pantalán de descarga nas inmediacións da lonxa.
Inicio BARBANZA