Os veciños da Devesa reclaman o pintado dos pasos de peóns

    pasopeonsdevesa.jpgPOBRA> Os veciños do lugar da Devesa denuncian a situación de inseguridade viaria que viven ante a falla de pasos de peóns.

    {flowplayer}barbanza/pasopeonsdevesa.flv{/flowplayer}

    A estrada situada na entrada á vila da Pobra rexistra diariamente un importante volume de tráfico. Nas inmediacións da Devesa, un núcleo con moita poboación, situase un colexio e as instalacións da piscina municipal polo que o tránsito de peóns é constante. Sen embargo, estes non o teñen nada doado para cruzar.

    Os veciños levan meses demandando o pintado do paso de peóns que leva seis anos sen ningunha actuación de mantemento.

    Temen que as administracións non se decidan a actuar ata que aconteza unha desgraza.

    Xestións

    Pola súa banda, dende o concello xa iniciaron as xestións ante a Dirección Xeral de Estradas da Consellería de Infraestruturas de quen depende a vía. Un grupo de técnicos xa se desprazou ata a zona para facer as correspondentes medicións polo que dende a administración municipal agardan que o problema quede resolto antes do inicio das festas do Nazareno.

    Redacción Barbanza