As ANPA´s de Ribeira acusan ó Concello de non defender os intereses da comunidade educativa

RIBEIRA> Un feito que, segundo eles, se evidenciou no último pleno, no que se abordou o problemática dos recortes do profesorado nos centros educativos da localidade a través dunha moción presentada polo BNG, e no que votaron en contra.

Nun comunicado conxunto, as ANPA´s mostraron a súa decepción co goberno local, ó entender que antepoñen os intereses do seu partido por riba dos intereses da veciñanza.

Dende as ANPA’s insisten tamén en que se convoque o Consello Escolar Municipal, que leva anos inactivo.

Tamén din sentirse frustrados, porque a pesar das súas queixas, ninguén os atende, nin no Concello nin tampouco a Xunta.

Segundo sinalaron a súa intención é seguir loitando por unha educación publica de calidade, por iso xa anunciaron que acudirán ó Valedor do Pobo, que levarán a cabo tamén unha recollida de sinaturas para remitirllas a Educación, e que seguirán adiante tamén coa Iniciativa Coles Negros e coas concentracións.