Trece deportistas intoxicadas tras beber auga nunha fonte

    fotofontecopia.jpg VILAGARCÍA> Polo de agora a fonte de A Xunqueira permanece pechada a espera de que se realicen os análises pertinentes da auga.

    {flowplayer}images/salnes/IntoxicacionXogadorasArousana.flv{/flowplayer}

    Os feitos sucederon na tarde do martes. As xogadoras do Atlético Arousana acudiron ó campo Manuel Jiménez para participar nun dos seus adestramentos, e ó rematar pararon a beber nesta fonte de A Xunqueira, situada na rúa Porto do Río. O día seguinte espertaron con vómitos, mareos e algunhas delas mesmo con febre.O diagnóstico foi o mesmo para todas elas; unha intoxicación por algo que inxeriran.

    Nun principio as afectadas foron oito, pero o número foi crecendo ata chegar a un total de trece xogadoras intoxicadas. Ó ser cada unha delas dunha zona diferente, e ó non ter realizado ningunha comida nin cea conxunta nos últimos días, as primeiras sospeitas foron para a auga da fonte polo que axiña puxeron os feitos en coñecemento do Concello.

    Tras recibir a chamada da capitana do equipo, o departamento de Sanidade que dirixe Rocío Llovo decidiu onte precintar a fonte, ata que se realicen as análises pertinentes. Polo momento descoñécese se é este o foco da intoxicación, pero dende a administración local prefiren que o manantial permaneza pechado para evitar consecuencias maiores. Será o luns cando se fagan as análises precisas para coñecer o estado desta auga.

    Redacción Salnés