Cambados contará en breve con noventa novos permex

    CAMBADOS> Confrarías das Rías Baixas como as da Illa, Vilanova, Cambados ou Vilaxoán intensifican estes días as súas labores de rexeración.

    {flowplayer}images/salnes/proxecto_rexeneracion_confrarias.flv{/flowplayer}

    E é que nos seus plans de explotación marisqueira contempla a posta en valor e tarefas de optimización dos seus bancos. No caso da Illa apostase pola rexeneración das zonas do Naval, Avilleira e a Ruda, no ámbito do marisqueo a pé; e nas autorizacións das Aceñas e da Sapeira e RIasón para a agrupación de a flote, que, neste caso, se fará efectiva ó remate da primavera. Vilaxoán intensificará os seus traballos de posta en valor das Saíñas e dos Borreiros, namentres Vilanova fai fincapé na área do Castelete, e na Praia Nova, xa contra finais do verán.

    No caso de Cambados, estas tarefas de rexeración prolónganse ó longo de todo o ano, gracias en gran parte, a dinámica de traballo actual das mariscadoras e mariscadores, que tan bós resultados lles está a dar. Amais, hai que engadir que esta confraría conta cunha batea de engorde da cría dos bivalvos de seu, o que facilita que compren a semente máis barata que logo farán medrar nesta estructura, antes de sementar as súas concesións. O que facilita que as labores de rexeneración se poidan facer extensivas ó longo de todo o exercicio.

    Estes traballos son acometidos principalmente con fondos propios das Confrarías, aínda que tamén contan con achegas anuais da Deputación de Pontevedra, e puntuais da Consellería do Mar. Este ano non coñecen aínda o alcance destas axudas. Con todo seguirán a traballar para aumentar a rendibilidade do marisqueo, para compensar a nula subida dos prezos cunha maior productividade das zonas. Unha maior producción que en Cambados vai a facer posible a incorporación de 90 novos mariscadores, grazas a concesión arestora de 25 novos permex, que se ampliarán de inmediato noutros 40, e posteriormente noutros 25. Unha incorporación paulatina que evitará os posibles efectos negativos das novas incorporacións na economía global dos mariscadores cambadeses.

    Redacción Salnés