VILAGARCIA> Medo e preocupación entre os ucraínos que residen na nosa contorna pola situación das súas familias. Séntense atemorizados cada vez que falan con eles por non saber se será a última. Piden axuda ao resto de países para que bloqueen a Rusía e deteñan a guerra.
A tráxica situación que se está vivir coa guerra en Ucraína afecta moi de cerca a veciños da nosa contorna. Dúas familias de ucraínos que residen en Vilagarcía explican, dende o seu negocio, o medo e a preocupación que sofren polos seus familiares e amigos. Temen que cada chamada poda ser a última.
No caso de Sergiy, os seus avós viven nas aforas de Kiev, moi preto da zona principal do conflito.
A situación tamén pasa factura aos veciños ucraínos que residen en Vilagarcía.
Sergiy e a súa familia pensaron en viaxar a Kiev para buscar aos seus familiares pero advirten que iso sería máis perigoso para eles.
Os ucraínos denuncian que Rusia ataca a civís e nenos, asegurando que esta guerra está mostrando a verdadeira cara do goberno de Rusia. Aínda que lamentan que a Otan non se vaia a meter no conflito, agradecen os bloqueos e as sancións a Rusia para loitar polo fin da guerra.
Sergiy e a súa familia non creen que Putin se deteña coas negociacións e creen que só o pobo ruso pode detelo. Para axudar ao seu país, están a organizar diferentes recollidas solidarias e concentrándose en diferentes puntos da comunidade. Unha mobilización tivo lugar esta tarde na praza de Galicia en contra da Guerra e en apoio a Ucraína.