A Garda Civil incauta en Ribeira oito toneladas de lirio

    incautacion_lirio.jpgRIBEIRA> A especie atópase actualmente en veda polo que está prohibida a súa captura.

    {flowplayer}barbanza/incautacion_bacaladilla.flv{/flowplayer}

    Segundo sinalaron fontes do instituto armado o descubrimento do peixe producíase no marco dunha das habituais inspeccións que os axentes realizan nos portos e lonxas da provincia, coa finalidade de comprobar a validez das documentacións e as licenzas dos barcos, así como tamén para controlar as capturas e as descargas de peixe.

    A incautación tiña lugar ás nove e media da noite de onte luns. Ó proceder á inspección das capturas do pesqueiro antes de que foran descargadas no porto, os axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil atoparon no seu interior unhas cincocentas caixas de lirio cun peso de máis de oito toneladas.

    Despois de proceder á incautación do peixe, os axentes iniciaron de inmediato as xestións necesarias para a súa entrega ó Banco de Alimentos da Coruña.

    Redacción Barbanza