Os viticultores apuran a colleita por medo ás chuvias

    VENDIMAMARDEFRADES copia.jpg SALNÉS> Cada día son máis as adegas da D.O. Rías Baixas que comezan a vendima, traballos nos que destaca a calidade da uva.

    {flowplayer}images/salnes/CONTINUA_VENDIMA_2011.flv{/flowplayer}

    A vendima está arrancando na DO Rías Baixas de xeito progresivo, tal e como se prevía, quizais non tanto por agardar que as uvas acade no estado óptimo de maduración, grao e acidez, senón un pouco empurrados polas incidencias climatolóxicas. E é que as precipitacións anunciadas para estes días están a trastocar os plans de moitos viticultores, que prefiren recoller os acios das parras antes de arriscarse a que poidan proliferar brotes de botrite que estraguen a colleita.

    Segundo a técnico de campo Paula Fandiño os acios que están a recepcionar na adega Mar de Frades están nun estado sanitario perfecto, cun nivel de alcohol de 12,4 graos de media. Aquí comezaron onte coa vendima. En principio prevían recoller uns 50.000 quilos de uva nesta primeira xornada de traballo, aínda que precisamente pola previsión de chuvias para hoxe animaron ós viticultores a incrementar o volume de colleita ata os 75.000 quilos.

    Mar de Frades aumentou para estes días a súa plantilla cunha trintena de traballadores eventuais que interveñen na descarta de uva, supervisan as mesas de selección e axudan, xa en adega, no proceso de desfangado.

    Redacción Salnés