VILANOVA> O proxecto, que terá unha lonxitude de 28 km, conta cun orzamento de máis de 1.200.000 euros. A maior parte da actuación realizarase no 2012.
{flowplayer}images/salnes/CAMINOS_PARCELARIA_TREMOEDO.flv{/flowplayer}
A nova rede de camiños contará con 28 quilómetros de lonxitude. Coa súa execución a Xunta busca dar acceso a todas as fincas de reemprazamento que xurdan da reorganización das propiedades, dunha superficie total de 576 hectáreas, así como pór en valor o rural.
O proxecto conta cun prazo de execución de tres anos, aínda que o groso da actuación se realizará durante o 2012. Segundo os responsables, os traballos poderían iniciarse nuns días.
Ademais de Tremoedo, outras zonas da comarca están a vivir procesos de concentración parcelaria, como é o caso de Oubiña, en Cambados. Unha intervención que o alcalde vilanovés pediu para a parroquia de Baión.
Dende a Xunta non descartan que, unha vez executada esta actuación, sexa necesaria a realización dunha rede secundaria de comunicacións.
Redacción Salnés