Francisco Rodríguez di adeus en Cambados a 12 anos no Congreso

    mitinbngcambados100_050308.jpgCAMBADOS > O BNG pediu onte o voto en Cambados para poder ‘seguir facendo existir a Galicia’ nas Cortes do Estado.

    {flowplayer}images/salnes/mitinbngcambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > O BNG pediu onte o voto en Cambados para poder ‘seguir facendo existir a Galicia’ nas Cortes do Estado. O mitin central trouxo ata o Auditorio da Xuventude a Francisco Rodríguez que di adeus ó Congreso despois de 12 anos de deputado. Con el estiveron a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e a delegada de Industria en Pontevedra, Montserrat Prado.

    Convencidos de que non haberá maiorías e de que os nacionalismos serán decisivos no próximo goberno do Estado. Así se amosaron os políticos do BNG no mitin que ofreceron onte á noite en Cambados ante unhas duascentas persoas. Todos insistiron en que a presencia do BNG en Madrid garante un traballo político a prol dos intereses de Galicia.

    Tamén houbo tempo para a crítica. A conselleira de Vivenda lamentou as propostas disparatadas do PSOE, como a renda básica de emancipación, que lles tocou xestionar desde a Xunta. O mitin contou ademais con Francisco Rodríguez, que di adeus ó Congreso despois de doce anos como deputado.

    Redacción Salnés