A falla de usuarios e ingresos afoga o centro de día

centrodia100.jpgO SON> A institución denuncia que o concello debería ter concertado coa Xunta 15 prazas subvencionada vitais para a súa existencia

{flowplayer}barbanza/centrodiason.flv{/flowplayer}

Dende que no 2008 o centro de día de Porto do Son abrira as súas portas e se acordara que a xestión recaería nunha empresa privada, o asunto está sen resolver. Do conxunto de prazas que oferta o centro, 15 deberan estar subvencionadas pola Xunta, un trámite que só se pode facer dende o concello e que do que depende, en gran medida, a solvencia do centro. Dende a institución afirman que a adxudicación destas prazas é fundamental para acadar un equilibrio financieiro que asegure a viabilidade do centro. Pola súa banda, o consistorio insiste en que está a estudar o tema.

Prazas necesarias

O certo é que dos 35 beneficiarios cos que contaba o centro, a dia de hoxe só quedan 12, porque o resto de usuarios, con moitas lágrimas nos ollos, deberon partir a outras institucións que si contaban con prazas subvencionadas pola Xunta. Un cambio comprensible se se ten en conta que o posto público custa un terzo menos que un privado. Maila todo, incluso as familias que si poden soportar o peso económico dunha praza non subvencionada, vense na obriga de abandonar as instalacións, porque de rexeitaren a oferta, a Xunta retiraríalle a dependencia. Dende o centro lamentan a situación porque afirman que o servizo é necesario, demanda, e ,sobre todo, riguroso en canto á calidade. Así, mostranse dialogantes co concello e ante todo, totalmente dispostos a acadar un acordo que satisfaga, en primeiro lugar aos usuarios do centro.