Noia presenta a súa Semana Santa post-covid

NOIA> Despois de dous anos sen celebrarse debido á alerta sanitaria, a parroquia de San Martiño en colaboración coas confrarías das Dores, dos Nazarenos, a Terceira Orde Franciscana Segrar e a do Resucitado, a última en crearse, volverá a celebrar a Semana Santa. Serán en total oito procesións.

Unha das novidades será a saída, por primeira vez da procesión do Cristo da Misericordia que terá lugar o Mércores Santo.

Dende o Concello destacaron a importancia de poder recuperar esta tradición despois de dous anos, cun amplo raigame no municipio. O alcalde agradeceu o esforzo e traballo que desenvolven, tanto a parroquia de San Martiño, como tamén ás catro confrarías que organizan os diferentes actos relixiosos.

A parroquia de San Martiño recupera a fotografía de Uxía Gandarela, gañadora do último concurso de carteis de Semana Santa celebrado no 2020, para ilustrar o cartel deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí